Durante os meses de marzo e abril realizamos diversas saídas a varios puntos da contorna máis próxima, para coñecer mellor lugares de Mos e outras zonas do concello de Vigo xa que está cerca do noso colexio.
Todos e todas levamos un caderno de campo a cada unha das excursións onde marcamos os lugares que visitamos, tendo que deixar en branco as fotos dos sitios polos que non pasamos; escribir a correspondente entrada de diario....
Facendo clic nas imaxes que están debaixo do texto podemos acceder aos distintos cadernos de campo. Para nós son un fermoso recordo...Pasámolo moi ben e estamos agardando con ilusión a vindeira saída.
Ningún comentario:
Publicar un comentario